Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 4 de 71 | Anterior12345678910... 71Seguinte
Subiuse unha nova foto 2015-02-20 08:48:05

Dous elementos esenciais da nosa cultura tradicional: a forxa e mailo cabozo. Nesta imaxe unha das forxas que aínda continúa en activo en Riotorto, propiedade de José Mario Cabo Jardón, fillo de José Cabo Villar e neto do Lourín.

Vale, Correximos descrición

Fala en primeira persoa meu tío José Mario Cabo Jardón, máis coñecido en Riotorto como Pepe do Lourín.

Subiuse unha nova foto 2015-01-09 13:50:43

Sobre esta fotografía correspondente a un partido contra o Meira nas festas do San Cristobo, cóntanos Pepe do Lourín: "Nesa época ó mellor nos deixaban o campo gratis e senón había que pagar algo. O resto facíamolo entre nós: segalo, marcalo, porterías feitas cortando catro pinos e a roupa ou a lavabamos nós ou pagábamos a alguén."
Na foto aparecen de pé Pepe de García, Venancio do Garabeño, Cándido de Outeiro, Pepe de Lourín, Paco de Farruquín e Toñito de Outeiro. Agachados: Xusto do Cachapelo, Albino de Aldurfe, Juan Manuel do Zapateiro, Toño do Gas e Daniel de Espasande de Riba.

Subiuse unha nova foto 2014-11-20 13:56:17

Aparece Anita do Lourín cos seus pais. Aló polos anos 50 era habitual que toda a familia traballase no campo, e que os veciños lles axudasen cas tarefas: ou ben cun intercambio "hoxe por mín e mañá por tí" ou ben pagándolles unhas pesetiñas.

Subiuse unha nova foto 2014-09-30 14:30:27

A foto corresponde a xuño do 1974. Manuel Calaza e maila mestra de Ferreiravella entregan unha medalla a Luis Comendeiro, do 7º curso de EXB. O equipo de Luís gañou a liga de fútbol do colexio de Riotorto que se organizaba por cursos. Nese equipo tamén participaban José Eugenio Rodríguez Pol (fillo do carteiro de Santa Marta), Gallego (Santa Marta), Agustín Acebrás, Luis Comendeiro, Pepe de Bouso (Vilaseca), Daniel Rico Fernández (A Órrea), Agustín de Candaede (q.e.p.d.) e Moisés (Lorigados) como se pode ollar na imaxe relacionada

azucena fixo un novo comentario 2014-09-15 19:45:11

Hernán parrandeiro e cultivado na vida do seu mais próximo. Xeneroso e gran vividor.

jose fixo un novo comentario 2014-09-10 17:06:26

sabedes donde ou como poido conseguir a pegatina "si a riotorto chegas, amigo levas". E para regalo a una persoa famosa vinculada con riotorto gracias

Eloi fixo un novo comentario 2014-06-29 15:47:08

O partido xogouse o 16 de marzo de 1997 e rematou 1-1. O Riotorto remataría quinto esa temporada: http://arquero-arba.futbolme.net/Regionales/Galicia/Lugo/1996-97/9697-1r-2.htm

Subiuse unha nova foto 2014-04-04 12:56:19

Partido disputado entre o C.D. Brollón e o C.F. Riotorto no Campo Municipal de Brollón en abril do 1997 e correspondente á categoría de primeira rexional.
Alineación, de pé e comezando pola esquerda: Jaime (Lugo), Pablo (Rececende), Cundi (Meira), Nistal (Mondoñedo), Castrín (Riotorto), Manel Trashorras (A Pastoriza)
Martín (Riotorto), Pisco (Ribadeo), Moirón (A Pastoriza), Villada (Riotorto) e Manolo Gavelo (Riotorto).