Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Pedro

2009-10-05 19:20:46

Nalgunhas culturas, a Bretona entre elas, era costume que o ."canteiro maior" deixase a súa firma na obra construída. Xeralmente esta impronta correspondía cunha representación da face de sí mesmo. Hai outros exemplos no noso arredor: na igrexa de Conforto, nunha casa en Vilanova de Lourenzá, nun cabozo en Ourol,... De feito, na Bretaña, incluso era costume que o nome do canteiro quedara escrito nos dentes da figura que o representaba.

Máis imaxes

A torre campanario de San Pedro

A torre de San Pedro é un dos principais símbolos de Riotorto. Data do ano 1762 e forma parte da estrutura primitiva da igrexa. No interior ten unha escaleira de caracol e nun recanto presenta unha imaxe dun home con barba. Na foto aparecen en primeiro término Alejandro do Carrolo, Luis, don Remigio (cura) e José Rivas (pai de Rosy)

San Pedro (Riotorto), 1950

Etiquetas: Torre de San Pedro, Cura, Igrexa de San Pedro

Arquivo: Rosi Rivas