Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Pablo Eduardo Mendez Miño

2012-04-09 08:42:41

Soy de Buenos Aires, y mis abuelos eran de Lugo, mi abuela paterna: Clara Albina Lopez Ramallal de Mendez, era de Riotorto, y emigro a la Argentina en 1930 aprox. y se radico en Vicente Lopez, y en el Barrio de Belgrano en la Cdad. de Bs.As. Quisiera saber si aun tienen registros de nomina de miembros de ese CLUB, para saber si mi abuela o sus hermanos estuvieron afiliados. Desde ya, muchas gracias.

Máis imaxes

Acto no "Club Riotorto"

Foto dun acto de "Riotorto Asociación Mutual", entidade que agrupaba os emigrantes riotortenses na Arxentina. A sede social, chamada "Club Riotorto", estaba na localidade de Vicente López, na provincia de Bos Aires. Na foto aparecen, entre outros: Gerardo Lourido (de Vilaseca); José do Queitano e a súa muller Susana; José de Porrás (detrás do micrófono), daquela presidente da entidade, e a súa muller Antonia do Queitano; Julio Gavín (da casa do Trigo de Chacín), a súa muller Nieves Balseiro de Gavín (de Ferreira de Oural) e a súa filla María Delia Gavín; Manuel María Lago Granda (da casa do Baralleiro de Espasande de Baixo) e a súa muller Consuelo Bouso de Lago (da casa de Neira de Val); e Cacharrón (do Mazo de Ferreiravella)

Vicente López (Arxentina), década de 1960

Etiquetas: Emigración

Arquivo: María Delia Gavín