Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

GABRIEL TREITAS LÓPEZ

2010-12-22 21:08:32

QUEN PODERÍA DECIFRAN QUEN SON OS QUE ESTÁN NA FOTO ?

Eloi

2010-12-29 19:41:56

Gabriel: ata agora só temos identificadas dúas persoas nesta foto (están postas na descrición). Sobre a sociedade Emigrados de Riotorto temos este artigo que saíu hai tempo no Progreso. Nel saen nomes de directivos de distintas épocas, é probable que moitos deles aparezan na foto

Rosy Rivas

2011-02-03 03:36:27

Si puedes ampliar la foto y mandarmela al email a lo mejor te puedo dar algunos nombres. La q dices q es mi madre no estoy muy segura q sea porq no veo a mi padre por la foto. Te puedo adelantar q el primero de izquierda a derecha es Moises Cobelo, esposo de Angelina Curras (hija de Antonio Curras y Carmen Franco), el 4to. es Antonio Currás.

Máis imaxes

Asemblea de socios de Emigrados de Riotorto na Habana

Asemblea de socios de Emigrados de Riotorto, celebrada nos salóns do Centro Galego da Habana. Entre outros aparecen a nai de Rosi Rivas (sentada, terceira pola dereita) e Carmen Franco, irmá de Manolo de Gervasio (sentada, sexta pola dereita). O Centro Galego foi desde o seu nacemento o grande exemplo do galeguismo do exterior, e paseniñamente foi medrando para se converter nun auténtico poder galego na illa e en toda América. Alí xurdiron dous dos nosos símbolos nacionais: a bandeira e o himno

A Habana (Cuba), 1954

Etiquetas: Emigración

Arquivo: Arquivo da Emigración Galega