Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Cunqueiro e familia

Na imaxe aparece no pazo de Cachán o insigne escritor Álvaro Cunqueiro xunto a Aurora e Pilar de Moirón, parte da súa familia de Riotorto. Nesta casa inspirouse Cunqueiro para ambientar a pousada de don Merlín na súa primeira novela: "Merlín e familia". Conta o personaxe-narrador desta novela, Felipe de Amancia: "Sempre me lembrarei da cerca da eira, de loureiro román, tan paxareiro, na que tantas niñadas velei, e da figueira ramona, tan viciosa, ao pé da casa, onde ao palleiro grande. Miranda era a pousada de don Merlín". Hoxe pódese visitar a "figueira ramona" no paseo fluvial de Riotorto, no lugar do Mazo, plantada alí na homenaxe que o pobo de Riotorto lle tributou a Álvaro Cunqueiro o 9 de abril de 2011

Cachán (Riotorto), década de 1970

Etiquetas: Álvaro Cunqueiro

Arquivo: Aurora Moirón