Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2009-08-25 16:25:08

Conseguimos identificar a case todos, de esquerda a dereita: o Bagolo, Villada, Benjamín do Abelleiro, ?, Manolo do Xastre (do Teixeiro), Manuel de Elías, o profesor (era asturiano), Bureira, Milio do Roxo, Benedicto de Nuca, Cartas de Santa Comba (?), Tasio de Fontes, Luis de Gallo, Milio do Caldeireiro e Abelardo de Xuana. Esta información deuma meu tío Manolo do Abelleiro.

fede

2009-08-28 17:53:13

o que identificas como Cartas de Santa Comba non será Gerardo da Pértega, o pai de María José?

Pepe do Queitano

2009-08-30 20:06:17

O que está entre Benjamin do Abelleiro e Manolo do Xastre, pareceme Anselmo de Campos.

Eloi

2009-09-01 17:25:41

Grazas aos dous pola información, probablemente sexa Gerardo da Pértega, o informante non estaba seguro de que fora Cartas (eu non coñezo a ningún dos dous, así que non podo opinar)

Máis imaxes

Primeira imaxe

Curso do P.P.O. (Promoción Profesional Obreira)

Durante a dictadura franquista o P.P.O. foi o programa de formación ocupacional máis importante. Desenvolveuse nos anos sesenta. Na foto, de esquerda a dereita: o Bagolo, Villada, Benjamín do Abelleiro, Anselmo de Campos, Manolo do Xastre (do Teixeiro), Manuel de Elías, Mario Fernández Prieto (o profesor), Bureira, Milio do Roxo, Benedicto de Nuca, Gerardo da Pértega, Tasio de Fontes, Luis de Gallo, Milio do Caldeireiro e Abelardo de Xuana, logo de recibir cadanseu cerficado nun curso sobre cría de animais para carne e leite

As Rodrigas, 1969

Etiquetas: Cursos

Arquivo: Benedicto de Nuca

Fotógrafo: Ángel