Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Detalle do marco dunha foto do Corelo Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Detalle do marco dunha foto do Corelo

Nesta imaxe podemos ver un detalle do marco dunha foto feita en Espasande de Baixo no ano 1925 por Antonio López Arias, "O Corelo", fotógrafo de Riotorto que viviu no Mazo, na casa onde estaba a taberna de Salustiano do Ferreiro. Na imaxe adxunta, podemos ver o detalle do marco doutra foto, de data descoñecida, onde se di que tiña sucursais en Meira e A Pontenova

A Aldea (Espasande de Baixo), 1925

Etiquetas: Fotografía

Fotógrafo: O Corelo