Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
Amando Fernández, Digna de Ferrería e Primo de Rigueiro diante da casa de Aradiña, máis tarde coñecida como casa de Legaspi. Digna emigrou a Cuba, onde coñeceu a Amando (natural da parroquia de Bravos, no concello de Ourol, preto de Viveiro). Alá fixeron gran fortuna no negocio das lavandarías. Como anécdota podemos contar que o famoso transatlántico "Andrea Doria", nas súas estancias na Habana contrataba os servizos da lavandaría dos Ferrería
As Rodrigas, 1947
Etiquetas: Emigración
Arquivo: Rosi Rivas