Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Emigrantes en Luxemburgo

Nos anos 60 do século XX, a emigración galega deixa de dirixirse a América e escolle como destino países centroeuropeos (Alemaña, Suíza, Francia, Inglaterra...) e outras comunidades do Estado Español (Euskadi, Catalunya, Madrid, Asturias...). En Luxemburgo, pequeno país situado entre Francia, Alemaña e Bélxica, estableceuse nesta época unha importante colonia de emigrantes riotortenses, a maior parte deles procedentes de Espasande de Baixo. Na foto vemos a José María do Carracedo e o seu fillo Javier, en Lintgen (Lëntgen en luxemburgués), pequena localidade duns 2400 habitantes, na que aínda hoxe residen varias familias orixinarias de Riotorto

Lintgen (Luxemburgo), década de 1970

Etiquetas: Emigración

Arquivo: Pedro do Navallo