Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Eugenio e Concha de Bermúdez Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Eugenio e Concha de Bermúdez

Retrato de Eugenio Bermúdez Leivas e a súa dona Concha. Eugenio foi un dos represaliados en Riotorto pola franquismo. Xunto ó seu irmán Antón -alcalde de Riotorto por Izquierda Republicana- foi xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Eugenio saíu do cárcere en 1940 e Antonio un ano despois. Concha era da casa de Cosme das Rodrigas, nesa casa viviron despois os de Pizca

A Veiga (Riotorto), década de 1940

Etiquetas: Política

Arquivo: Inocencio de Cachán