Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2009-08-25 16:28:18

Dime Pepe do Queitano que o partido probablemente era Aldurfe contra Ferreiravella, parece ser que houbo sempre moita rivalidade entre estas dúas parroquias. Este equipo sería a "selección" de Aldurfe, reforzada con varios xogadores de Espasande de Riba.

o arrieiro

2010-03-09 14:18:20

O partido era no San Cosme da Castiñeira polas festas. Foi un día de auga. O partido era contra un equipo de Bretoña. O arbitro era o cura de Bretoña (Gil)

Eloi

2010-03-09 16:16:53

Moitas grazas pola información, incorporámola á descrición da foto

Máis imaxes

Fútbol no San Cosme da Castiñeira

Equipo da parroquia de Aldurfe, reforzado con varios xogadores de Espasande de Riba, que se enfrontou a un equipo de Bretoña nas festas do San Cosme da Castiñeira. O partido fora arbitrado polo cura de Bretoña, don Gil Agras Hermida. Na foto aparecen: don Hipólito (cura de Aldurfe), Agustín de Candaede, Jorge de Luciano, o Arrieiro, Carlos de Helio, Luis, o Andeano, Santiago, Daniel, Bernardo, o Xeixo e Albino

A Castiñeira (Bretoña), década de 1970

Etiquetas: Fútbol

Arquivo: Daniel de Espasande de Riba