Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

José Antonio Moirón García (Pepe de Murias)

2011-02-07 19:55:07

Vou a dar, creo que sen erro, o nome correcto das promesas do Sporting Riotorto. De pe: Delfín do Garrido, Gabelo, Pepe do Roxo (Basora) de árbitro, Manolín de Xalán, Cheno do Mañego, Xique de Rigueiro, Suso das Torrentas. Agachados: Benedicto de Nuca, Xusto de Moirón (DEP) Amando de Xalán e Pepe de Rivas. O partido foi contra a Pontenova. ¡Canto soñamos os nenos daquel tempo con un campo de fúlbol!. Ata soñábamos con él. Non tiñamos nada, soio ilusión.

arrincadeira

2011-02-08 09:37:04

Pasamos a actualizar a descripción

Máis imaxes

Futuras promesas

No campo da Veiga, co chalé dos Ferrería ó fondo, xogábase ó fútbol nos anos corenta. Neste equipo de promesas que se enfrontaba ó da Pontenova aparecen, de pé: Delfín do Garrido, Gabelo, Pepe do Roxo (Basora) de árbitro, Manolín de Xalán, Cheno do Mañego, Xique de Rigueiro e Suso das Torrentas. Agachados: Benedicto de Nuca, Xusto de Moirón, Amando de Xalán e Pepe de Rivas. A fotografía foi revelada en Muruais de Ribadeo

A Veiga (Riotorto), década de 1940

Etiquetas: Fútbol

Arquivo: Benedicto de Nuca