Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Historias da emigración Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Historias da emigración

Unha das moitas historias protagonizadas por veciños de Riotorto na emigración foi a de Alfredo Otero Rodríguez, da familia de Rico. En Cuba destacou polo seu enxeño na construción de embarcacións. Na foto amósase un recorte dun xornal cubano da época onde se fai mención a unha das súas fazañas constructivas. Na imaxe relacionada aparece unha foto carné de Alfredo correspondente á "Asociación de dependientes del comercio de La Habana"

Varadero (Cuba), 1926

Etiquetas: Emigración

Arquivo: Casa de Rico