Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
Directiva da Sociedade "Emigrados de Riotorto" na Habana o día da inauguración do panteón social no cemiterio de Colón. Na foto aparece Gutiérrez López (entusiasta presidente, secretario e tesoureiro).
A Habana (Cuba), data descoñecida
Etiquetas: Emigración
Arquivo: Martín Fernández Vizoso