Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Licencia de armas

Na lista de concellos establecidos dacordo co soberano decreto de 23 de xullo de 1835 figuran Riotorto e A Órrea. O concello da Órrea estaba formado pola parroquia da Órrea, Santa Comba, da que logo se separaría Galegos. E o de Riotorto polas de Aldurfe, Ferreiravella, Meilán, A Muxueira e Riotorto (da que logo se separaría como anexo Espasande de Baixo). Estes concellos de 1835 de Riotorto e A Órrea tiveron unha vixencia de cinco anos. En 1840 xa aparece só o de Riotorto englobando tamén o territorio do antigo concello da Órrea.

Un dos seus primeiros alcaldes foi Antonio Méndez Teijeiro y Montenegro. O documento que presentamos corresponde a unha licencia de armas outorgada polo alcalde a favor de Ramón López, veciño da Muxueira, labrego e membro da Milicia nacional na compañía de cazadores. Antonio Méndez Teijeiro y Montenegro construiu en 1840 a que hoxe é a casa de Elías, tamén coñecida como pazo de Méndez, segundo testemuña unha inscrición que hai na propia casa

Santa Marta de Meilán (?), 1855

Etiquetas: Alcalde

Arquivo: Paz López Teijo e Ramón Comendeiro