Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Mestres de antes da guerra Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Covagonda

2015-11-28 18:02:32

¿Alguien sabe de que año puede ser esta fotografía y quienes son los componentes que no aparecen el el texto?

Máis imaxes

Mestres de antes da guerra

O inicio do século XX ata a Guerra Civil foi unha época de amplo desenvolvemento da educación, materializándose na apertura de moitas escolas e a chegada de mestres ás zonas rurais, nalgúns casos grazas á axuda dos emigrantes galegos en Cuba. Nesta fotografía de principios dos anos trinta aparecen sentados, de dereita a esquerda: don Francisco Gutiérrez Bueno; dona Aurora Canteli Suero, mestra de Santa Marta; dona Luisa Fernández Cuervo, mestra da escola de nenas das Rodrigas; e dona Manuela Ríos, de Vilaseca. De pé aparece o cura de Santa Marta don José Rivas López e á súa dereita don Gregorio Esteban García, mestre da escola de nenos das Rodrigas e marido de dona Luisa. Don Francisco Gutiérrez chegou de Andalucía e foi o primeiro mestre nacional da escola de Vilaseca, no ano 1928. Por esa época tamén chegaron a Riotorto os mestres asturianos dona Luisa e don Gregorio, éste último morreu durante o levantamento franquista cando se atopaba en Asturias. Outro mestre chegado neses anos foi o catalán don José Vidiella

Vilaseca, década de 1930

Arquivo: Casa de Ríos de Santa Marta