Riotorto no tempo

Cerimonias

Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Carlos Aenlle

2009-08-29 14:30:30

A fotografía pon por detrás 1918 e parece ser que foi en San Pedro, non me soa que fose Meilán. Polas vestimentas non pode ser da década de 1950. Procede de Arxentina.

Eloi

2009-09-01 17:33:49

Comentoume Antonio Rúa (o cura) que se lles poñía o nome de "misións", pero que eran máis ben actividades de animación sociocultural, e non misións no sentido clásico do termo (evidentemente, Riotorto xa estaba evanxelizado naquela época)

Eloi

2009-09-01 17:47:27

No Dicionario Galego de Ir Indo (www.digalego.com): misión < lat missĭōne ‘envío’ 3 RELIX 1 s f Envío de sacerdotes e misioneiros, xeralmente a novas terras, para propagar unha doutrina relixiosa. 3 santa misión Serie continuada de prédicas, leccións doutrinais e exercicios piadosos que fan durante algúns días nunha parroquia ou localidade un ou varios sacerdotes. No caso que nos ocupa, sería a acepción 3, e non a 1

Máis imaxes

Misión popular en San Pedro

No ano 1918 celebrouse unha "santa misión", ou misión popular, na parroquia de San Pedro de Riotorto. Na foto vemos xente asistindo a un dos sermóns

San Pedro (Riotorto), 1918

Etiquetas: Misión

Arquivo: Carlos Varela Aenlle