Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

O bar América

O bar América ou bar de Pizca, como se coñeceu popularmente, foi aberto por José María de Pizca logo de retornar de Cuba (de aí o nome de bar América). Ó longo dos anos trinta e corenta funcionou como auténtico centro de animación cultural e festiva. No seu famoso salón celebráronse memorables bailes e compañías de teatro representaron alí as súas obras. Anos máis tarde foi rexentado por Daniel de Borrajo, época á que pertence esta foto de finais dos sesenta, na que aparecen uns mozos polas festas. De esquerda a dereita: Manolo de Loride, Manolo de Rivas, Jano do Carrolo, Dani de Borrajo, Manolo da Severina, Pedro de Borrajo, Arcadio de Guxín, Toño dos Gabeás e Pepe de Guxín. Nos derradeiros anos en que funcionou o bar levouno Manolo, o mesmo que rexenta hoxe o "Novo América", na lembranza daquel bar América con arrecendos cubanos

As Rodrigas, década de 1960

Etiquetas: Emigración

Arquivo: Iván do Ferreiro