Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

O cruceiro de Meilán

É un cruceiro de granito do século XIX. Presenta a Cristo na cruz, catro anxos no capitel con volutas e fuste decorado cos instrumentos da Paixón (de enriba a embaixo:dous cravos, un cravo, un martelo, unhas tenazas, unha espada e unha escaleira). Na imaxe aparecen, co cruceiro e a igrexa de fondo, na ringleira de atrás Esther de Bañal, Adelina de Eusebio e Teresa do Monxo, e na de diante Irene de Bañal, Finita de Brígida, Azucena de Encarnación e Josefa de Basanta. O cruceiro actual é unha copia do antigo, que rompeu fai algúns anos. A cruz do cruceiro antigo foi reconstruída e está hoxe dentro da igrexa, xunto a unha porta lateral

Santa Marta de Meilán, década de 1950

Arquivo: Azucena de Encarnación

Fotógrafo: Teodoro