Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Carlos Aenlle

2009-09-05 12:51:19

O que ten o can é un irmán de Cuque, pero non sei como se chama. Preciosa fotografía a verdade!

Pedro

2009-09-05 20:12:25

Ó irmán de Cuque, do que fala Carlos, chamábanlle Tito.

arrincadeira

2009-09-07 07:40:50

o que está cun papel na man, non é Valerio da Cruz?

Montse García

2010-04-11 22:56:35

Creo que o que ten o papel na man e meu abó Pepe de Xirómeno de Carbueiro. A verdade é que lle decían "de Xirómeno" pero viña de que seu pai, meu bisabó, chamábase Jerónimo

Eloi

2010-04-14 18:00:59

Grazas pola información Montse, entón os que saen na foto serían definitivamente: Pepe de Xirómeno e Mino (detrás) e Cuque, Pepe do Rego e Tito (diante). Por certo, no Agricultor cítase un par de veces a Jerónimo Chavarría Ginzo, supoño que debe tratarse do teu bisavó. Saúdos

Miguel Abraira

2010-09-02 13:34:03

Poderían ser afiadores, en vez de ferreiros? A foto parece tomada moi preto do río (aínda que Carboeiro taméno está), e o muro que se ve por tras podería ser a presa dunha moa. As camisas remangadas dos tres de diante (un deles, incluso parece que leva algo remangadas as perneiras), poderían ser unha pista nese sentido. Saúdos e noraboa por esta fermosa páxina.

Eloi

2010-09-14 14:56:12

Grazas pola información Miguel, é probable que teñas razón, pois se non me equivoco, o único deles que traballou de ferreiro foi Cuque. Cambiamos logo o título e a descrición da foto.

Máis imaxes

O descanso dos afiadores

En Carboeiro: Cuque de Alejandro, Pepe do Rego, Tito de Alejandro, Pepe de Xirómeno e Mino, facendo un descando na súa labor de afiadores

Carboeiro (Espasande de Baixo), década de 1960

Etiquetas: Ferreiros

Arquivo: Toño do Rego