Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Pepe Fiallega Tojal

2011-01-22 20:33:08

Na fila do medio, a segunda comezando pola dereita é Amandina do Zapateiro de Santa Marta, miña nai! e non Amandina de Colás.

arrincadeira

2011-01-24 14:02:06

Grazas Pepe. Pasamos a correxilo

Máis imaxes

Oitavo de EXB

Lines de Gallo, Elba, Toñita, Dulce María, Fina de Campón, Mati de Isidoro, Margarita, Eva Vilar, Isabel do Caneiro, Amandina do Zapateiro, Ana do Médico, Merche de Roque e Lourdes, diante da igrexa de Riotorto. O proceso de concentración escolar posibilitou que os nenos de todo concello -agás Galegos, A Veiga de Galegos, Lourido, Santadrao e Folgueirúa, e incluíndo os de Bidueiras (Mondoñedo)- puideran estudar xuntos no colexio habilitado na casa do Caldeireiro, nas Rodrigas (hoxe en día ocupada por "Antigüidades Potes")

As Rodrigas, 1977

Arquivo: Eva Vilar