Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Pepe "O Maravillas"

Noticia publicada no xornal ABC o 1 de abril de 1918, na que se comenta a chegada de "José Echaverría" (sic) á cidade de Donostia reivindicando o invento dun tanque empregado polos ingleses. José Chavarría (ou Echeverría), ferreiro nas súas orixes, vivía nunha casa pegada ó mazo de Chavarría. De mozo xa destacaba polo seu xeito e inventiva. Dise que patentou un carro de combate, empregado polas tropas británicas na Primeira Guerra Mundial, e que tivo moito éxito grazas á facilidade de manobra que ofrecía. Nos xornais europeos da época tivo moita sona este invento bélico. Pepe "O Maravillas", como era coñecido, morreu en París, onde está enterrado

Donostia (Euskal Herria), 1918

Etiquetas: Ferreiros

Arquivo: Asociación Cultural Arrincadeira