Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Placa conmemorativa da construción da Casa Consistorial de Riotorto Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Jorge Orlando Perez

2011-01-01 23:07:34

Amador Perez era hermano de mi abuelo constante perez carreira y su padre (mi bisabuelo ) era candido perez

Eloi

2011-01-02 17:28:08

Jorge: ¿Sabes cuál era entonces el parentesco entre Luis Pérez González "Fontes" y Amador Pérez Carreira? ¿Podrían ser tío y sobrino?

Máis imaxes

Placa conmemorativa da construción da Casa Consistorial de Riotorto

Como reza a inscrición desta placa situada no Concello, a casa consistorial de Riotorto foi construída no ano 1874 "a espensas del distrito" -é dicir, pagada polos veciños-, sendo alcalde don Luis Pérez González (1825-1905), coñecido por Fontes, veciño da Augaxosa. Parece ser que anteriormente o concello de Riotorto, que fora constituído en 1835, non tiña casa consistorial propia, polo que os plenos se celebraban en casas particulares. Na memoria popular consérvase o dato de que O Vilar de Santiago foi a primeira capital de Riotorto, e que A Augaxosa era a capital cando Fontes decide construír a casa consistorial nas Rodrigas. Na imaxe relacionada podemos ver outra placa que a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Riotorto en el Plata" -despois chamada "Riotorto Asociación Mutual"- lle dedica ao ex-alcalde de Riotorto don Luis Pérez. Esta sociedade, que reunía aos emigrantes de Riotorto na Arxentina, foi fundada en 1923 e entre os seus fundadores estaba Amador Pérez Carreira, parente de Fontes. "Riotorto Asociación Mutual" deixou de existir no ano 2001, sendo o seu último presidente Jorge Raúl Pérez López, bisneto de Luis Pérez González

As Rodrigas, 1874

Etiquetas: Política, Emigración, Alcalde

Arquivo: Asociación Cultural Arrincadeira