Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Primeira xunta directiva da sociedade Emigrados de Riotorto na Habana Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Primeira xunta directiva da sociedade Emigrados de Riotorto na Habana

Estaba integrada, entre outros, por: Pedro Vila (presidente), Andrés Bargueiras (vicepresidente), Amado Aguiar (secretario), Ramón García (vicesecretario), Antonio Bouso (tesoureiro) e José Gasalla (vicetesoureiro).
Esta sociedade foi creada en abril de 1915 por naturais dos concellos de Riotorto e A Pastoriza que residían na cidade da Habana; polo tanto foi chamada co nome de ambos os dous concellos, Riotorto y Pastoriza en La Habana. Pouco tempo despois da súa fundación, un grupo de socios decide separarse e crear unha nova entidade baixo o nome de Hijos del Ayuntamiento de Pastoriza; os naturais de Riotorto pasan entón a chamarse Sociedad de Recreo y Protección Emigrados de Riotorto.
Esta sociedade tivo como finalidade prioritaria a protección mutua dos seus socios e a celebración de actividades recreativas e culturais. Ante a petición de axuda dos seus veciños en Riotorto, conseguiron recadar cartos que enviaron á súa terra natal. Entre 1920 e 1931 mandaron varias remesas de cartos para a construción e mantemento das escolas de Ferreiravella (que non chegou a construírse), de Santa Marta de Meilán (un total de 676 pesos cubanos) e de Espasande de Baixo (1100 pesos cubanos, 500 para iniciar as obras e dous envíos: de 200 en 1930 e 400 en 1931). Pódese comprobar na imaxe adxunta, onde aparece o logotipo da sociedade, que lembra a súa prioridade a prol da instrución

A Habana (Cuba), 1915

Etiquetas: Emigración

Arquivo: Arquivo da Emigración Galega