Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.
2009-09-21 20:13:46
Curiosamente eu tamén teño esta fotografía, e veu da Arxentina.
Procesión polo adro da igrexa de San Pedro: José María Moirón (co pendón); don Amador Puente Martínez (o cura); detrás del José María Cabanas (o Caldeireiro vello); Victoriano de Gallo e Generoso de Paco da Pértega (cos cirios); Sé de Toxal (coa cruz); os Amandos, pai e fillo, dos de Ferrería (portando a imaxe, diante); posiblemente Currás de Espasande de Baixo (portando a imaxe, detrás á dereita). A continuación: Dorinda dos Ferrerías, Amalia de Guxín, Adelina da Veiga, Paco do Carrolo (?), María de Guxín e outras. A foto é de 1947 ou 1948, cando volveron por primeira vez a Riotorto os Ferrerías, que, coma Currás, estaban en Cuba
San Pedro (Riotorto), década de 1940
Etiquetas: Emigración, Procesión, Cura, Igrexa de San Pedro
Arquivo: Xusto Moirón