Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

A casa do Trigo de Chacín

En Riotorto, como en toda a Galiza rural, a casa é quen realmente definía (define) a persoa. Así, a pregunta "Quen é?" queda substituída nas relacións diarias por "De que casa é?". Na foto podemos ver a Aurelia Gavín Lombardero na porta da casa do Trigo de Chacín, máis tarde chamada casa de Gavín. Aurelia e Julio (pai da dona da foto) eran fillos de José Gavín Gallo, de Santa Marta, e de Amalia Lombardero Moirón. Un tío cura de Amalia, de quen herdou ela a casa, foi quen ergueu a capela de Chacín

Chacín, 1971

Arquivo: María Delia Gavín