Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Antonio López Arias e María Josefa Sal del Río

Retrato de Antonio López Arias e María Josefa Sal del Río. Antonio, tamén coñecido polo Corelo, foi fotógrafo en Riotorto no primeiro terzo do século. A súa muller María Josefa era natural de SanTirso de Abres. Máis tarde emigrou a Arxentina e viviu en Bos Aires. Tivo 5 fillos: Gabriel Antonio, Cesar Alberto, Martín Bernardo, Maria Esther e Eduardo.

Bos Aires, década de 1930

Etiquetas: Emigración, Fotografía

Arquivo: Natalia Beatriz López