Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2009-08-25 16:42:42

De pé: Xique de Rigueiro, ?, ?, Marité de Vega, Ofelia de Porrás, ?, ?. Agachados: Bouza, un dos de Gabelo, o Navego, Luis de Gallo (?), ?. A información déunola un "comité de sabios" formado por Pepe do Queitano, Gerardo do Coxo e meu pai.

Tere

2009-08-27 09:34:22

Creo que hai datos que están mal, miña nai non aparece.Creo que son, de pé:Xique de Rigueiro, Pin da Pontenova, Basora (irmán de María Inés do ´Roxo), Purita de Moirón, Maruja e Herminia de Carrao e Venancio do Vilego de Sta. Marta. Agachados: Manolo de Bouza, un dos Rivas (creo que o pai de Martín), meu pai, Luis de Gallo e o último parécenos que é un irmau de Cuqui de Carboeiro.

arrincadeira

2009-08-27 10:00:56

Alguén sabe onde pode estar sacada esta foto?

Eloi

2009-09-02 14:29:43

O irmán de Cuque de Carboeiro pode ser Tito?

Máis imaxes

Madriñas do equipo de fútbol

Equipo de fútbol de Riotorto de mediados dos anos 60, fotografándose coas súas madriñas. De pé: Xique de Rigueiro, Pin da Pontenova, Pepe do Roxo (Basora), Purita de Moirón, Maruja e Herminia de Carrao e Venancio do Vilego (de Santa Marta). Agachados: Manolo de Bouza, Pepe de Rivas (?), o Navego, Luis de Gallo e Tito de Carboeiro (?)

Lugar descoñecido, década de 1960

Etiquetas: Fútbol

Arquivo: Casa de Visita