Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2009-09-02 17:46:06

A obra foi publicada en 1954. Hai unha versión en galego ("Os apuros dun zapateiro"), pero é posterior, de 1977, podedes ver aquí a portada: http://62.15.226.148/fot/2008/01/23/7185678.jpg E aquí a biografía do autor: http://www.galegos.info/gl/xose-molejon-ranon

José Antonio Moirón García

2011-01-27 21:51:18

Este sainete representámolo no ano 1961. Foi dirixida por Anibal Estoa e Pepe de Murias (servidor) e representada nas Rodrigas (sótano da Igrexa) e tamen en San Adriano (Lorenzana). La borrica a levaron dous "actores" a pe, e cando chegaron a San Adriano enchérona de cebada. As consecuencias foron irremediables, en plena función o pobre animal empezou a botar no escenario todo o que tiña de mais nas tripas. Aquelo foi aplaudido po lo público y eso que non entraba no guión. Na foto: O Navego, Pepe de Murias, Venancio do Vilego (DEP) Anibal de Rigueiro, Fanquín da Peruxa (Na burra) O vendado, non recordo o nome, Antuxo de Val (militar) José Luis de Carrao, Anxelin do Vilego e outro rapaz do que tampouco recordo o nome. Felicidades polo voso traballo, "Arrincadeira", os que estamos lonxe revivimos moitos momentos gratos ca vosa iniciativa. Adiante, non paréis.

Máis imaxes

"Los compromisos de un zapatero"

Representación no soto da igrexa de Riotorto da comedia teatral "Los compromisos de un zapatero" (1954) do autor Xosé Molejón

Soto da igrexa, As Rodrigas, 1961

Etiquetas: Teatro

Arquivo: Yolanda e José Luis de Carrao