Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2009-08-25 16:49:42

Conseguimos identificar a algunhas persoas, aínda que habería que contrastalo. Sentados: Manolo de Gallo (5º pola esquerda, detras da madriña), Manolo de Bouza (1º pola dereita), o Navego (2º pola dereita), o Cueiro de Rececende (3º pola dereita), Luis de Gallo (1º pola esquerda), Tasio de Fontes (2º pola esquerda). De pé: o da Fonte de Chacín (2º pola esquerda), Sabino de Roque (2º pola dereita). O partido sería no Chao da Veiga, xusto onde está hoxe o campo de fútbol.

Aurora Moirón

2009-08-29 10:52:19

El que está tumbado apoyado en el brazo es Gabriel (Gabelo) Rivas, el que está justo detrás de la madrina es su hermano Pepe ó Manolo. El siguiente a la derecha es Gallo y de pie detras de los dos es Daniel de Baltasar. El primero por la izquierda que tiene en los hombros a otro es García de Val. De pié empezando por la derecha el segundo es do Galo de Chacin, sigue Suso de Bouza y creo Francisco de Paco.

Eloi

2009-09-02 14:28:45

Grazas pola información, Aurora. O que dis do Galo é Sabino, creo que estamos falando do mesmo, eu chameille de Roque porque é a casa para onde foi casado

Rosy Rivas

2009-09-11 06:41:02

El que está en hombros es Cheno de Bastián

J Carlos Villada

2009-10-19 23:47:55

Eloi, penso que o que dis que é o Cueiro de Rececende (3º pola dereita sentado) non o é, senón Tito de Carboeiro q.e.p.d. Dase a curiosidade de que o que tí dís é meu tio por parte de nai e o que en realidade é, tamén tio meu por parte de pai; máis entre eles dous nada de consanguinidade.

Eloi

2009-10-20 16:02:13

Grazas pola información, Juan Carlos. Si, penso que tes razón. De feito, Tito sae en dúas fotos máis: http://www.riotortonotempo.org/categoria/?buscar=%22tito+de+carboeiro%22 Nunha non estamos seguros de que sexa el, pero é moi probable

pepe veiga

2012-12-02 18:04:17

según meu pai (Manolo de Bouza), o sitio e Saldanxe, partido xogado día da festa

arrincadeira

2012-12-02 18:58:52

Actualizamos a información. Grazas por participar. Se tes algunha foto de antes pódesnola enviar a info@riotortonotempo.org

Máis imaxes

Partido de fútbol en Saldanxe

O día da festa de Saldanxe, e logo da desputa do partido de fútbol, a madriña,Carmiña das Treitas (de Val) aparece posando cos xogadores, entre os que se atopan: Manolo de Gallo, Manolo de Bouza, o Navego, Tito de Carboeiro, Luis de Gallo, Tasio de Fontes, Pepe da Fonte (de Chacín), Sabino do Galo, Gabelo, Pepe ou Manolo do Rivas, Daniel de Baltasar, García de Val, Cheno de Bastián, Suso de Bouza e Francisco de Paco

Saldanxe (A Pastoriza), década de 1960

Etiquetas: Fútbol

Arquivo: Yolanda e José Luis de Carrao