Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Pesca con nasa

O río Torto sempre tivo fama de troiteiro. A contaminación e o abandono fixo que pouco a pouco esa grande riqueza fora esmorecendo. En épocas pasadas era frecuente a pesca con nasa. Na imaxe aparecen Benjamín do Relojero e Aníbal de Rigueiro preparando os aparellos para ir pescar. A nasa foi feita por Aníbal empregando ramas de salgueiro. A foto foi feita na aira da casa do Relojero

O Mazo (Riotorto), década de 1950

Etiquetas: Río, Pesca

Arquivo: Aníbal de Rigueiro

Fotógrafo: Teodoro