Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

sandra

2009-11-04 19:36:35

donde poñeis Ramòn de benitin e Ramón de Rodil o hermau do meu pai

arrincadeira

2009-11-05 09:26:12

Correxido. Grazas

Máis imaxes

Traballo parroquial

O cura Vicente Fernández chegou a Riotorto a principios da década dos sesenta. Nesta foto aparece rodeado dos veciños que colaboraron nun traballo da parroquia. Pepe do Rego, Benedicto de Nuca, Pepe de Rodil, Eduardo (un irmán do cura), Pepe de Murias, Manolo de Xalán, Toñito da Droguería, Rico, o Púcaro (de pé a dereita), Venancio de Gallo, Mario da Droguería, Ramón de Rodil, Sé de Toxal, Dani de Larpadela e Pepe de Villada, entre outros

As Rodrigas, década de 1960

Etiquetas: Cura

Arquivo: Toño do Rego