Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 11 de 71 | Anterior1 ...6789101112131415... 71Seguinte
rosa fixo un novo comentario 2012-09-22 16:03:48

o sexto é Jose Neira Uz, (Augaxosa).

rosa fixo un novo comentario 2012-09-22 15:51:09

Daniel do Andreo e Francisco de Vilaseca, portan a imaxe de San Roque.

Subiuse unha nova foto 2012-09-22 14:48:39

Procesión na feira da Augaxosa do ano 1992, logo da misa, ó redor da capela. Portando a imaxe do San Roque aparecen Daniel do Andreo e Francisco de Guxín de Vilaseca

yo tambien estube encima de esa piedra que tiempos

Subiuse unha nova foto 2012-09-12 17:16:25

De pé: Carlos de Amalia, Neira, Joseín da Muxueira, Luis de Barcelona, José Carlos e Juan Antonio. Agachados: Roberto, Juan José, Agustín, Miguel, Manolo e Jorge

Saudos. Eu son neta de Villada, o fotografo desta foto. Agradezovos que ponhades fotos feitas por el, faime verdadeira ilusion! Noraboa aos creadores desta paxina e a todos dos que dela participan. Unha aperta forte. /Antia (perdoade polos erros ortograficos, pero ando a escribir en teclado estranxeiro)

Hola a todos los companeros que esztan en esta fotografia! Estoy contento de ver la foto de todos los companeros desde el mazo hasta espasande de abaixo. Espero que alguien lea este comentario y que me contesta , por mail o por telefono(0033494487681 0033610853583) Saludo a todos de Ramiro Vidal Saldanje que vive en Francia con su familia.

Subiuse unha nova foto 2012-08-19 12:56:02

Na foto aparecen dúas nenas de Chacín a finais dos anos corenta: María Delia Gavín Balseiro (a pequena) acompañada de Ángeles do Pedreiro. Naqueles anos exerceu na escola de nenas de Chacín a mestra Purificación Barreiro, natural de Santiago de Compostela. A nena María Delia, hoxe residente en Bos Aires, desenvolveu unha exitosa carreira profesional como xornalista en diversos medios arxentinos

Subiuse unha nova foto 2012-08-10 17:45:23

No catastro do Marqués da Ensenada (1752) aparecen citados dous mazos nas parroquias que hoxe forman o concello de Riotorto: un en Ferreiravella (é o Mazo de Chavarría) e outro na parroquia de Riotorto, no lugar de Pumar Sindín. Actualmente non podemos identificar este topónimo, pero debía estar nas proximidades do actual lugar do Mazo, preto das Rodrigas.

Este mazo pasou por varias mans, aínda que no catastro aparece como propiedade de don Pedro Trelles, veciño de Santa Marta de Meilán, e nel traballaban tres ferreiros: Carlos Gasalla, Rosendo García Ramallal o Vello e Rosendo García Ramallal o Mozo

A fotografía, feita por Teodoro de Chacín, amósanos o lugar do Mazo nos anos cincuenta do século XX.

Subiuse unha nova foto 2012-07-20 14:32:14

Recordatorio da santa misión organizada polos xesuitas a primeiros de maio de 1949 na parroquia de San Pedro de Riotorto. Nas imaxes relacionadas aparecen dúas das capas empregadas nos recordatorios