Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 13 de 71 | Anterior1 ...891011121314151617... 71Seguinte
Azu fixo un novo comentario 2012-04-20 12:33:54

Na imaxe relacionada aparecen: Pepe (primeiro pola esquerda), Ángel, Azu, José Manuel, Maribel (sentada) e Raquel (sentada)

Azu fixo un novo comentario 2012-04-20 09:39:35

Nesta carroza participamos un grupo de amigos de Ferreiravella: Pepe que conducía (está de espaldas na rúa), Anxo e José Manuel do Louro (están subidos na carroza), Trini (de perruca branca na parte alta da carroza), Raquel (está sentada), Ángeles (está sentada de espaldas), Azu (sentada con perruca branca), Maribel, José Gabriel, M. Mar .... ¡Que bos recordos!. Un bico para todos

Azu fixo un novo comentario 2012-04-20 09:14:38

Eu era moi pequena e non me acordo da voda, pero na casa temos tamén esta foto, foi unha sorpresa moi agradable para toda a familia encontrar esta foto colgada nesta páxina. Os noivos son a miña madriña (Azucena Pol) e o meu tío (José García) que hoxe viven en Madrid. A xente que aparece na foto son familia, amigos e veciños. A nena pequena que está na fila de diante na foto cun lazo na cabeza (que se está xirando) son eu, o que me está suxetando agachado é papá (Manuel Pol), identifico a mamá (Emilia Fernández) no grupo que está detrás das dúas mulleres que aparecen de rodillas, vexo tamén aos meus catro avós (que hoxe xa non están) .... Un bico

Yo soy bisnieto de un Jose Maria Mendez, originario de la provincia de Lugo. Desconozco si el emigro a la Argentina, pero si se que estuvo en Cuba un tiempo y se caso con Mercedes Novo, de esa union tuvieron a Eduardo Mendez Novo (el cual emigro desde Galicia, y se radico y caso en Bs.As.), y a su vez fue padre de Roberto Oscar Mendez Lopez, mi padre. Si algun dato les coincide me gustaria saber mas sobre la historia familiar. Gracias

Soy de Buenos Aires, y mis abuelos eran de Lugo, mi abuela paterna: Clara Albina Lopez Ramallal de Mendez, era de Riotorto, y emigro a la Argentina en 1930 aprox. y se radico en Vicente Lopez, y en el Barrio de Belgrano en la Cdad. de Bs.As. Quisiera saber si aun tienen registros de nomina de miembros de ese CLUB, para saber si mi abuela o sus hermanos estuvieron afiliados. Desde ya, muchas gracias.

anónimo fixo un novo comentario 2012-01-23 23:04:13

A que aparece na foto non é Pilar dos Gabeás. No ano 1971 Pilar ainda non estaba na fábrica.

Subiuse unha nova foto 2012-01-17 18:40:50

No arreglo parroquial de 1896 creáronse varias parroquias na diocese de Mondoñedo. No concello de Riotorto créanse as de Espasande de Baixo e Galegos, como anexos de Riotorto e A Órrea, respectivamente. Pasan a ser parroquias independentes A Muxueira e Ferreiravella, ata entón anexos de Santa Marta de Meilán e Aldurfe.
Neste escrito do ano 1950, chámase aos veciños a manifestar a súa oposición á construcción da nova igrexa nas Rodrigas -que ía substituir á de San Pedro- temendo que isto puidera significar a perda da condición de parroquia para Espasande de Baixo, e a obriga dos fregueses de acudir á misa ás Rodrigas. Recórdase a colaboración dos veciños de Espasande de Baixo nas sucesivas reconstruccións da igrexa de San Pedro. A nova igrexa de Riotorto sería inaugurada en 1956.
No documento recóllese o topónimo Mosteiro, e o nome de Capela de Mosteiro, que aínda usa hoxe a xente para referirse ao lugar onde se atopa a igrexa e ao propio templo. A Virxe de Mosteiro é a patrona da parroquia. Non existe constancia de que houbera un mosteiro en Espasande de Baixo, polo que cabe supoñer que o topónimo se refire a que o lugar era posesión dun mosteiro próximo, probablemente o de Meira.
Finalmente, non chegaron a cumprirse os temores dos veciños e hoxe Espasande de Baixo segue sendo parroquia, coa particularidade de non ter cemiterio nin libros parroquiais propios.

Subiuse unha nova foto 2011-12-26 14:34:35

Nun día chuvioso dos anos vinte celebrouse o enterro dun dos membros da influinte familia Aguiar. Ó fondo aparece a capela na honra de San Antonio que había no centro da praza das Rodrigas. Esta capela foi trasladada logo para onde está hoxe a casa de Isidoro, na Groba

Eloi fixo un novo comentario 2011-12-12 18:44:31

O pasado día 9 de decembro enterrábamos a Antonio Valle Portela "Costa", un dos últimos integrantes da banda de música de Riotorto, máis concretamente dos que poderíamos considerar os fundadores da mesma. Segundo nos contaba fai algún tempo, deste grupo vivía tamén Pértega, que estaba nunha residencia de anciáns en Burela. Deixounos tamén unha copia desta foto e outra máis que publicaremos en breve. Descanse en paz

Subiuse unha nova foto 2011-11-18 13:34:15

Ata os 10 anos viviu Avelino Díaz coa súa familia materna na Travesa, parroquia de Santa Comba da Órrea, trasladándose no 1907 a Meira. Tres anos despois, en 1910, con tan só 12 anos, Avelino collerá o camiño da emigración cara a Bos Aires en compaña dun parente.

Publicou Avelino en vida tres volumes poéticos, os dous primeiros ("Flor de retama" e "Debezos") en 1947, próximo a cumprir os 50 anos, e o terceiro ("Pallaregas") en 1963, con 65. Os tres son edición do autor, o que debeu supoñer un gran esforzo económico para un home que vivía e sostiña unha familia cun soldo non moi elevado de asalariado. Tanto "Flor de retama" coma "Debezos" foron moi ben acollidos pola crítica, sendo obxecto de numerosas recesións que responden, en boa medida, ó aprecio e popularidade da que gozaba na colectividade; "Pallaregas" pasou máis desapercibido, por ese entón xa andaba o noso autor un tanto apartado dos actos públicos debido ós achaques da súa precaria saúde.

Na foto aparece Avelino (á esquerda) no ano 1938, na compaña de Cipriano Barreiro e Manuel Silva