Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 16 de 71 | Anterior1 ...11121314151617181920... 71Seguinte
Subiuse unha nova foto 2011-09-05 19:13:13

O adro da igrexa favoreceu, nun espazo privilexiado, o xogo dos pícaros e a reunión dos mozos. Na imaxe aparecen Irma da Pucheira, Lourdes, irmá de Paquita da Grova e Sito Cerecedo, sentados no muro do adro. Sito é fillo de Luis Cerecedo Adellac, "Don Luis", que chegou a mediados dos anos setenta coa súa familia a Riotorto, procedente de Cantabria. Exerceu de médico no pobo ata principios dos anos noventa, cando faleceu

Subiuse unha nova foto 2011-09-01 19:33:20

O señor Manuel de Cariños emigrou a Cuba no ano 1919, voltando para Galiza no 1929. Na illa traballou como cortador de camisas nunha tenda de téxtiles. Chegou a dirixir o seu negocio nunha sociedade en comandita. Nesta fotografía aparece a bordo dun coche, a modo de carroza, celebrando o carnaval en Quivicán, na actual provincia de Mayabeque, ó sur da Habana. Na imaxe relacionada pódese ver unha espectacular carroza do carnaval cubano

Subiuse unha nova foto 2011-08-26 10:29:21

Papeleta electoral da Unión de Centro Democrático (UCD) para as eleccións municipais celebradas o 3 de abril de 1979. A UCD obtivo un concelleiro, por dez da candidatura independente liderada por Francisco Hernández Macarro. Tamén se presentou o Bloque Nacional Popular Galego (BNPG), que non obtivo representación. Nas seguintes eleccións (1983), unha vez desaparecida a UCD, Víctor do Sabelo encabezaría como independente a lista do PSOE. Outros membros da candidatura pasarían a Alianza Popular e ao CDS.

Os integrantes da lista eran: Victor do Sabelo; Eugenio de Baltasar; Gabelo; Pepe do Bagolo (Val); Manolo de Viñavella (Espasande de Baixo); Antuxo de Chacín; Ramiro do Galo (Chacín); José Luis de Eirredondo; Elías de Santa Marta; Víctor de Hilario e Manolo do Sabelo

Subiuse unha nova foto 2011-08-24 13:51:05

O día da primeira comunión de Pepe do Lourín fotografáronse a carón da igrexa de Riotorto, coa Cruz dos Caídos de fondo, tres xeracións de ferreiros.

Empezando pola dereita aparece José Jardón Seco "O Lourín". Foi ferreiro e agricultor, compartindo ambos oficios. A súa muller deixouno para emigrar á Arxentina. Volvería xa de anciá para morrer na casa petrucial.

O segundo pola dereita é José Cabo Villar, que faleceu recentemente, o 12 de agosto de 2011, á idade de 94 anos. Era natural de Soutelo (Ferreiravella) e tamén descendía dunha familia de ferreiros. Casou con Josefa Jardón Rodríguez (segunda pola esquerda), filla de José Jardón. José Cabo Villar, tamén coñecido como "O Lourín", era un dos ferreiros de máis idade que quedaban no concello de Riotorto. Concretamente, era o segundo máis vello, despois de Benigno de Outeiro.

José Cabo e Josefa Jardón tiveron por fillos a María Ana, "Anita" (primeira pola esquerda) e José Mario, "Pepe" (no centro), quen continúa actualmente co oficio de ferreiro, agora coa marca Jomaca.

Subiuse unha nova foto 2011-08-23 14:11:31

De pé: Carlos Varela Silva, Carlos do Ferreiro, de "trencilla"; Cuqui de Carboeiro; Pepe de Murias; Xusto Moirón e Benedicto de Nuca. Agachados: o Navego, Lodos, Roibás e ?

Subiuse unha nova foto 2011-08-21 20:51:45

Carroza do San Cristovo presentada baixo o título de "Somos do Hortobello" (O Hortovello é un lugar da parroquia de Riotorto). Conducindo o tractor ía Jose do Caldeireiro. A carroza estaba pasando por diante da casa do Zapateiro (na porta aparece Josefa, a muller de Legaspi). Na imaxe relacionada aparecen o resto dos participantes: as súas irmás Aurora e Susi, así como Mati do Veterinario

Subiuse unha nova foto 2011-08-10 00:27:24

O cemiterio de Colón está catalogado como a necrópole máis importante de América. Alí xacen máis de cincuenta mil galegos nos panteóns das Sociedades e máis en tumbas particulares, algúns deles orixinarios do noso concello. Os emigrados riotorteses organizáronse na "Sociedad de Emigrados de Riotorto". A asociación posúe un panteón neste cemiterio.

Na imaxe aparece un membro da familia Lodos de Riotorto a carón da tumba da súa dona. Esta fotografía foi enviada desde A Habana a Jose María Lodos Méndez, de Riotorto, en formato postal. Na imaxe relacionada pódese ver o reverso, cunha nota manuscrita. Naqueles tempos a maneira de dar fe da morte dun familiar entre a xente emigrada e as súas familias en Galiza era a través da fotografía, ben das súas tumbas ou mesmo coa do propio morto

Actualizamos a descrición. Grazas polo aporte

EDUARDO fixo un novo comentario 2011-08-04 18:55:35

A foto esta feita o día da festa en Aldurfe, por o fotografo Villada

Subiuse unha nova foto 2011-08-03 18:43:27

Ademais de Bastián das Rodrigas e o Louro, Rosende de Rodil foi pioneiro no transporte de viaxeiros en Riotorto. Na foto aparece pasando o ónibus engalanado, na bendición do San Cristovo. Detrás del vén o do Chino da Pontenova. Rosende foi un entusiasta impulsor desta festa