Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 15 de 71 | Anterior1 ...10111213141516171819... 71Seguinte
Subiuse unha nova foto 2011-10-14 09:34:40

Victoriña de Ramoncín, Marité de Vega, Marisefa de Bastián, Amaliña de Ramoncín, Mercedes da Taberna Nova, Castrín (alcalde de Riotorto entre 1987 e 2007), Xusto Moirón, Eusebio de Comendeiro e Ramón do Sabelo, nas festas do Carme da Muxueira

Subiuse unha nova foto 2011-10-07 11:15:52

O Rosario, que se celebra o 7 de outubro, é unha das festas principais de Espasande de Baixo, xunto co San Bartolo. A Virxe do Rosario é a patroa da parroquia, mentres que o culto a San Bartolo probablemente foi introducido polos ferreiros (este santo soe representarse cun coitelo na man). Tamén se celebra unha misa o día de Santa Bárbara, cuxa veneración se debe ás minas que houbo nesta parroquia no século XIX.

Nesta foto tomada en Carboeiro o día do Rosario de 1972 aparecen Manolo do Xirómeno, César de Darío, Jano de Cuque, Nino de Félix e Toño do Rego.

En Carboeiro parte das casas pertencen a Espasande de Baixo, celebrando por tanto o Rosario, son concretamente a do Guardia, a de Cuque, a do Xirómeno e a de Mino. As outras casas (a de Arcadio e a do Frade) pertencen á parroquia de Riotorto

Subiuse unha nova foto 2011-09-30 10:47:38

Nace o poeta e galeguista Avelino Díaz y Díaz no lugar da Travesa, parroquia de Santa Comba da Órrea, o 14 de novembro de 1897. Obrigado a emigrar ás Américas, rematou por asentarse en Bos Aires, onde desenvolveu unha importante labor xornalistica e literaria sempre ligado á "Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales", da que chegou a ser unha das figuras máis senlleiras. Enrolado no movemento republicano e galeguista, participou activamente no seo da Irmandade Galega e máis do Consello de Galiza. Morreu en Bos Aires no ano 1971 e foi enterrado no Panteón do Centro Gallego, preto de Castelao e Ramón Suárez Picallo.
A continuación reproducimos parte dun dos poemas recollidos por Marivel Freire, estudosa da súa figura, na obra "Avelino Díaz: Unha voz comprometida na Galicia emigrante", publicada no ano 2002 polas Brigadas en Defensa do Património Chairego.

ESPELLO ALDEÁN

¡Aldeia donde eu nacín,
aldeiña da Travesa,
aldeiña na que vivían
tres casas en penitencia
iunha ducia de persoas
que nunca tiñan merenda
nin un día lles chegaba
que fose día de festa!.
(...)
¡Hoxe veume teu relembro
e tiven horas de pena
co recordo das tristuras
da miña edade pirmeira,
ehí donde ti, quizabes,
aínda tes penitencia!.

moitas gracias Eloi, eu non conseguia diferencialo. Un saudo.

Subiuse unha nova foto 2011-09-28 15:11:46

No ano 1968 o equipo de fútbol de Aldurfe formaba cos seguintes xogadores, de esquerda a dereita e comezando pola ringleira de riba: Javier Canto (2), Pepe de Vila (1), Luis Fiallega (3), Severiano Iglesias (4), Domnino Pacio (5), Santiago Legide (6), Bernardo Otero (7), Antonio Salgado (8), Ricardo Murado (9), Andrés Pacio (10) e Santiago Vázquez (11)

Subiuse unha nova foto 2011-09-27 21:45:52

Resgardo correspondente á entrega de 100 pesetas por parte de Manuela Castro, "Manuela de Carlos", para a construción da igrexa nova de Riotorto. A sinatura é do cura don Remigio Bangueses Bande, promotor da edificación do novo templo. A igrexa foi posta baixo a advocación do Sagrado Corazón, cuxa imaxe foi doada pola familia dos Ferrería (Digna e Amando)

Rectificamos a descrición

Goretti fixo un novo comentario 2011-09-26 15:15:35

A do centro non é da Familia Cerecedo, é Lourdes a irmá de Paquita (de Roberto da Groba), e o rapaz é Sito de Cerecedo

Subiuse unha nova foto 2011-09-14 14:43:07

José Jardón Seco "O Lourín", foi ferreiro e agricultor, compartindo ambos oficios. A súa muller deixouno coa filla, Josefa, e marchou para Arxentina. Na súa casa viviu logo o seu xenro José Cabo Villar e agora o seu neto José Mario Cabo Jardón, continuadores do oficio de ferreiro

Subiuse unha nova foto 2011-09-09 18:30:34

Fernando Teijeiro Cabodevila, "O Zapateiro" de Espasande de Baixo, e a súa dona Josefa Fernández Iglesias, regando as plantas arredor da casa. Josefa sostén na man unha regadeira feita a partir dunha lata de aceite "Giralda", todo un exemplo de reciclaxe